A docencia universitaria

 

Acceso aos vídeos

 

O que fan os mellores profesores universitarios
Ken Bain
29 de xuño de 2007

A avaliación na universidade
Antonio Bolívar
18 de outubro de 2007

Innovación docente e uso das novas tecnoloxías da información na docencia universitaria
Manuel Area
17 de decembro de 2007

Competencias docentes do profesorado universitario
Miguel Ángel Zabalza
18 de xaneiro de 2008 

Avaliación, aprendizaxe activa e confianza
Charly Ryan
7 de marzo de 2008


 

A docencia universitaria


O que fan os mellores profesores/as universitarios

Conferenciante: Ken Bain
Data: 29 de xuño de 2007

Para mellorar a docencia precísase comprender a forma de pensar, as actitudes, os valores e os conceptos que están detrás do bo ensino, observar coidadosamente as prácticas, e tras isto, os profesores deben axustar cada idea ao que son e ao que ensinan. Estes deberían tratar a docencia como as súas propias creacións académicas; como un traballo intelectual creativo, serio e importante, que se basea na análise minuciosa, na revisión e o reaxustamento.


A avaliación na universidade

Conferenciante: Antonio Bolívar
Data: 18 de outubro de 2007

A conferencia sitúa o papel da avaliación das aprendizaxes dos estudantes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, así como os cambios que implica valorar o traballo total e dirixirse ás competencias adquiridas. Ademais do coñecemento, a valoración ha de centrarse nas capacidades, destrezas e procedementos, relacionados cos perfís académicos e profesionais. Esto debe supor unha maior variedade de estratexias de avaliación.


Innovación docente e uso das novas tecnoloxías da información na docencia universitaria

Conferenciante: Manuel Area
Data: 17 de decembro de 2007

A incorporación e o uso pedagóxico das TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) son un dos retos máis relevantes que teñen as institucións de educación superior para os vindeiros anos. A xeralización das denominadas “aulas virtuais” está a provocar modificacións no modelo didáctico e na aprendizaxe, na organización dos materiais, nos espazos e nos tempos da docencia. Mais os cambios máis sustanciais non se atopan na innovación tecnolóxica senón no cambio da mentalidade pedagóxica do profesorado.


Competencias docentes do profesorado universitario [Presentación]

Conferenciante: Miguel Ángel Zabalza
Data: 18 de xaneiro de 2008

Para este autor, o labor fundamental que ten que asumir o profesor universitario é a de docente, fronte á investigación. Por outra banda, o papel do alumnado vaise ver modificado xa que se esperará del un certo grao de autonomía e que asuma parte de responsabilidade dentro do seu proceso educativo, e así modificar o modelo das clases maxistrais e propiciar a participación e colaboración dos alumnos nas aulas, favorecendo así a calidade educativa e a autoaprendizaxe. Non se trata de que os estudantes memoricen unha serie de conceptos con intención de pasar un exame, senón que o que se busca é que os coñecementos que adquiran o fagan en profundidade, e dende un punto de vista racional, cunha carga lectiva adecuada ao propio alumno para que este a poida asumir. Por outra banda, búscase que a Universidade non sea allea ao mercado laboral, formando profesionais aptos para traballar en toda Europa, favorecendo así o intercambio de persoas entre diferentes países. Todas estas elementos plantexan unha serie de cuestións no que é a estrutura universitaria e no modelo actual de docencia, é aquí onde radica o tema das competencias. Un bo docente universitario ten que saber da súa especialidade, pero ao mesmo tempo ten que manexar unha serie de elementos que fagan del un bo mestre, principalmente cando co novo Espazo Europeo de Educación Superior implicará que as titorías e, principalmente, internet funcionen como centro neuralxico para transmitir os coñecementos. Como conclusión, o profesores, para adaptarse ao Espazo Europeo de Educación Superior, terán que asumir novas funcións, e moitas veces se lles pedirá un esforzo para adaptarse ás novas tecnoloxías, e un novo xeito de ensinar.


Avaliación, aprendizaxe activa e confianza [Presentación]

Conferenciante: Charly Ryan
Data: 7 de marzo de 2008

Aumentar a confianza do alumno como aprendiz e como persoa. Esta é a primeira recomendación que o profesor Ryan fai para impartir docencia, ademais hai que proporcionar aos estudantes as ferramentas intelectuais que lles permitan aprender de forma autónoma, organizando o seu traballo individual e en grupo. Substituír o actual sistema de cualificacións, empregado pola ampla maioría dos docentes, por un procedemento baseado en comentarios escritos, exames e traballos é a proposta que Charly Ryan, profesor da Universidade de Winchester e investigador no ámbito das Ciencias aplicadas á educación, fai para lograr unha avaliación enfocada á aprendizaxe.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal