Novas perspectivas na docencia universitaria

 

Acceso aos vídeos

 

Obstáculos que afrontar na educación científica universitaria de calidade
Daniel Gil
 23 de maio de 2008

Os materiais de aprendizaxe en contextos educativos virtuais
Albert Sangrà
25 de xuño  de 2008

Avaliación da actividade docente
Eduardo García
11 de xullo de 2008

A profesionalización da docencia: a resposta aos retos do proceso de converxencia europea
Amparo Fernández
18 de setembro de 2008

Explorando e usando a tecnoloxía para a docencia
 Angélica Risquez
17 de outubro de 2008

 
 

Novas perspectivas na docencia universitaria


Obstáculos que afrontar na educación científica universitaria de calidade
[Presentación]

Conferenciante: Daniel Gil
Data: 23 de maio de 2008 

O contido da conferencia versará na análise dalgunhas concepcións e comportamentos dos profesores universitarios en xeral- e das áreas científico-tecnolóxicas en particular- que dificultan os adiantos académicos e a impregnación dos estudantes na cultura científica.


Os materiais de aprendizaxe en contextos educativos virtuais
[Presentación]

Conferenciante: Albert Sangrà
Data: 25 de xuño de 2008

A elaboración dun material de aprendizaxe en contextos virtuais é un proceso complexo no que existe unha interrelación entre todos os elementos educativos e no que se obriga a definir unha secuencia correcta de decisións, accións e labores co fin de optimizar e garantir a coherencia do material.


Avaliación da actividade docente [Presentación]

Conferenciante: Eduardo García
Data: 11 de xullo de 2008

O conferenciante disertará sobre as diferentes técnicas e ferramentas para o diagnóstico da avaliación docente e dos procesos que esta abrangue.


A profesionalización da docencia: a resposta aos retos do proceso de converxencia europea [Presentación]

Conferenciante: Amparo Fernández
Data: 18 de setembro de 2008

A profesionalización da docencia universitaria suporá dous cambios significativos no sistema educativo universitario: o paso do ensino de información á aprendizaxe por competencias e do individualismo ao traballo cooperativo. Con esta iniciativa lograrase unha docencia de calidade, eficaz, satisfactoria e innovadora, á vez que se garantirá que os cambios que esixe o EEES se consoliden dun xeito óptimo.


Explorando e usando a tecnoloxía para a docencia [Presentación]

Conferenciante: Angélica Risquez
Data: 17 de outubro de 2008

Nesta sesión afondarase en diversos temas aos que os docentes en educación superior teñen que enfrontarse cando consideran o uso da tecnoloxía nas súas clases: dende considerar cal é a actitude dos profesores cara a tecnoloxía, como xogar o papel de facilitadores ou acostumar aos estudantes á tecnoloxía que usamos, ata ter en mente como avaliar esta nova situación.


 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal