Docencia e innovación educativa no escenario dos novos plans de estudo

 

Acceso aos vídeos
 

Cousas que poden pasar cando usas a aprendizaxe baseada en proxectos
Miguel Valero García
27 de marzo de 2009

Plan de acción titorial na universidade
Joaquín Gairín Sallán
17 de abril de 2009 

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario
Leonor Margalef García
29 de maio de 2009 

A avaliación ao servizo de quen aprende
Juan Manuel Álvarez Méndez
2 de xullo de 2009 

Educar por competencias, que hai de novo? 
José Gimeno Sacristán
4 de xullo de 2009

 

 

Docencia e innovación educativa no escenario dos novos plans de estudo
 

Cousas que poden pasar cando usas a aprendizaxe baseada en proxectos [Presentación]

Conferenciante: Miguel Valero García
Data: 27 de marzo de 2009 

A aprendizaxe baseada en proxectos, caracterizada polo traballo en pequenos grupos orientados á solución dun problema, é un dos métodos de ensino-aprendizaxe que tomou máis arraigamento nas institucións de educación superior nos últimos anos. Os alumnos toman responsabilidades e desenvolven competencias e habilidades que son básicas no seu proceso formativo. Este método preséntase como unha alternativa con maior ou menor intensidade, na maior parte das disciplinas.


Plan de acción titorial na universidade

Conferenciante: Joaquín Gairín Sallán
Data: 17 de abril de 2009

Os cambios no contexto onde opera a educación superior están obrigando a redirixir o tipo de apoio que recibe o estudante das institucións universitarias europeas. Os modelos de titoría académica e os servizos de orientación ao estudante quedan suxeitos a revisión polas institucións. Deste xeito xurde un novo concepto de titoría, alternativo ao tradicional, onde teñen cabida as titorías personalizadas, as integradas, os proxectos titorizados,...


A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

Conferenciante: Leonor Margalef García
Data: 29 de maio de 2009 

A teleformación representa unha alternativa pedagóxica para a formación continua e un eficaz complemento no ensino universitario. A conferenciante fará unha reflexión en torno ás achegas da telemática ao ámbito da formación e abordará a teleformación dende unha proposta didáctica baseada na aprendizaxe comprensiva e na construción dun coñecemento crítico.


A avaliación ao servizo de quen aprende

Conferenciante: Juan Manuel Álvarez Méndez
Data: 2 de xullo de 2009 

Exercida como actividade ao servizo do coñecemento, a avaliación está chamada a desempeñar unha función formativa importante nos procesos de aprendizaxe.


Educar por competencias, que hai de novo? 

Conferenciante: José Gimeno Sacristán
Data: 4 de xullo de 2009

"Estase a configurar un modelo pedagóxico, polo menos un discurso alimentado polas discusións sobre indicadores, valoración de resultados, reclamando o axuste a un mercado laboral imprevisible, formulando disquisicións acerca de, en que se diferencia un obxectivo dun contido ou dunha competencia. En cambio, desvalorízanse os discursos acerca de temas como as culturas xuvenís, como ofrecer unha cultura que poida interesar, que papel teñen os educadores, quen son os que fracasan...”.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal