Situación actual e futuro da docencia universitaria

 

Acceso aos vídeos

 

Impacto dos cambios actuais na universidade na adaptación e éxito académico dos/as estudantes 
Leandro Silva Almeida
20 de novembro de 2009

A avaliación como aprendizaxe
Miguel Ángel Santos Guerra
4 de decembro de 2009 

Universidade e sociedade de coñecemento: novos desafíos pedagóxicos 
Juan Carlos Tedesco
15 de xaneiro de 2010

A innovación docente universitaria: unha forma de vivir a profesión 
Claudi Alsina
26 de febreiro de 2010 

Situación actual e perspectivas de futuro da formación e innovación educativa nas universidades
Francisco Michavila
26 de marzo de 2010 

 

 

Situación actual e futuro da docencia universitaria

Impacto dos cambios actuais na universidade na adaptación e éxito académico dos estudantes [Presentación]

Conferenciante: Leandro Silva Almeida
Data: 20 de novembro de 2009

É catedrático de Educación e Psicoloxía.
Forma parte do Consello Editorial de diversas revistas de Psicoloxía e Educación. Foi presidente da “Asociación de Psicólogos Portugueses” e membro do Consello Nacional de Educación.
Na actualidade é vicerreitor na Universidade de Minho e presidente do Instituto de Educación e Psicoloxía na devandita universidade.


A avaliación como aprendizaxe [Presentación]

Conferenciante: Miguel Ángel Santos Guerra
Data: 4 de decembro de 2009

É catedrático de Didáctica e Organización Escolar. Foi director do Departamento de Didáctica e Organización Escolar e do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Málaga. Escribiu cuantiosos libros e artigos sobre organización escolar, avaliación educativa e formación do profesorado. Recibiu numerosos premios polos seus escritos e polos seus traballos de investigación.


Universidade e sociedade de coñecemento: novos desafíos pedagóxicos

Conferenciante: Juan Carlos Tedesco
Data: 15 de xaneiro de 2010


É profesor na Universidade de Buenos Aires. Ingresou na Unesco como especialista en política educacional do Proxecto Unesco/CEPAL "Desenvolvemento e Educación en América latina e o Caribe", onde estivo a cargo das investigacións sobre educación e emprego.
Foi o director da Oficina Internacional de Educación da UNESCO, en Xenebra e ocupou a Secretaría de Educación do Ministerio de Educación, Ciencia e Tecnoloxía de Arxentina durante o goberno de Néstor Kirchner.
Do 10 de decembro de 2007 ao 23 de xullo de 2009 foi Ministro de Educación, sendo presidenta Cristina Fernández.


A innovación docente universitaria: unha forma de vivir a profesión [Presentación

Conferenciante: Claudi Alsina
Data: 26 de febreiro de 2010

É catedrático na Universitat Politècnica de Catalunya. É conferenciante habitual en congresos de diferentes ámbitos e ocupou varios cargos adminitrativos. Foi membro do Consello da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Catalunya (AQU), vicepresidente do Consello Interuniversitario de Catalunya (CIC), Presidente Permanente na Fundación para a Universitat Oberta de Catalunya e tamén desempeñou o cargo de director xeral de Universidades na Generalitat de Catalunya.


Situación actual e perspectivas de futuro da formación e innovación educativa nas universidades [Presentación

Conferenciante: Francisco Michavila
Data: 26 de marzo de 2010

É catedrático da Universidade Politécnica de Madrid, director da Cátedra UNESCO de Xestión e Política Universitaria e reitor honorífico da Universitat Jaume I.
Foi secretario xeral do Consello de Universidades. Destaca a súa contribución á creación do Espazo Europeo de Educación Superior que foi recoñecida coa Orde Nacional do Mérito da República Francesa. É membro de honra da Asociación Alexander von Humboldt e no 2007 recibiu a Gran Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio.
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal