V Ciclo de conferencias: Ensinanza e Aprendizaxe na Universidade

 

Acceso aos vídeos

A innovación como indicadora de calidade no ensino universitario
Sebastián Rodríguez Espinar
15 de outubro de 2010

Aprender na universidade: o punto de vista dos estudantes
Nuria Giné Freixes
19 de novembro de 2010

Avaliación formativa e compartida na universidade
Víctor Manuel López Pastor
21 de xaneiro de 2011

A avaliación formativa a través da e-rúbrica e os e-portafolios [Material de apoio]
Manuel Cebrián de la Serna
18 de febreiro de 2011

Ser profesor
Begoña Gros i Salvat
10 de xuño de 2011

 

 

Ensinanza e Aprendizaxe na Universidade

A innovación como indicadora de calidade no ensino universitario [Presentación

Versa sobre a innovación educativa como un proceso cargado de valor, dinámico, multidimensional e cíclico, que esixe certas estratexias colaboradoras e de apoio e que é fundamental para dotar de calidade á docencia.

Conferenciante: Sebastián Rodríguez Espinar
Data de impartición: 15 de outubro de 2010

Sebastián Rodríguez Espinar é Catedrático de Orientación Educativa na Facultade de Pedagoxía na Universidade de Barcelona.
A orientación académico-profesional e a avaliación institucional da calidade da ensinanza universitaria ocuparon a súa actividade docente e investigadora ao longo de tres décadas coma profesor. É autor de máis dun centenar de publicacións nas que cabe salientar: Teoría y Práctica de la Orientación Educativa, Evaluación del rendimiento en la enseñanza superior e Manual de tutoría universitaria. Foi fundador e director do gabinete de Evaluación e Innovación Universitaria da Universidade de Barcelona e dende 2006 é membro da Comisión Técnica da ANECA.


Aprender na universidade: o punto de vista dos estudantes
[Presentación]

Analiza como o profesorado precisa investigar en que situacións, mediante que actividades e tarefas didácticas, o alumnado universitario aprende máis e mellor. Nuria Giné opina que só aumentando este coñecemento se poden desenvolver estratexias de ensino e acompañamento nas que a aprendizaxe sexa maior e de máis calidade.

Conferenciante: Nuria Giné Freixes
Data de impartición: 19 de novembro de 2010

Nuria Giné  é profesora do Departamento de Didáctica e Organización Educativa da Universidade de Barcelona.
Desenvolveu diferentes liñas de investigación: asesoramento e docencia relacionadas a los procesos de aprendizaxe nos diferentes contornos educativos, a atención á diversidade, a avaliación e os recursos didácticos. Participa, asesorando e como membro, en dous grupos de innovación docente (GID FODIP i PID Transversalització a l'Ensenyament d'Educació Social) e en dous grupos de investigación consolidados (Contornos e materiais para a aprendizaxe e formación docente e innovación docente e pedagóxica). O seu último libro leva de nome Aprender na universidade: o punto de vista do estudante.


Avaliación formativa e compartida na universidade
[Presentación]

Analiza o papel da avaliación no sistema ECTS e o EEES, a importancia da avaliación orientada á aprendizaxe e a participación do alumnado nos procesos de avaliación no ensino superior (avaliación formativa e compartida). Ademais do papel da avaliación nos procesos de aprendizaxe por competencias.

Conferenciante: Víctor Manuel López Pastor
Datas de impartición: 21 de xaneiro de 2011

Víctor Manuel López Pastor é profesor titular na E.U. de Maxisterio de Segovia.
As súas liñas de investigación son: a avaliación formativa e compartida, a formación do profesorado, a avaliación formativa e innovación en docencia universitaria e EEES. Actualmente coordina a Rede de Avaliación Formativa e Compartida na Docencia Universitaria. Participou en 20 proxectos de investigación en convocatorias públicas e competitivas. É autor, co-autor e/ou coordinador de 20 libros, 18 capítulos de libros colectivos e 60 artigos. Leva catro anos coordinando a Rede Nacional de Avaliación Formativa e Compartida en docencia universitaria. Impartiu numerosos cursos monográficos sobre avaliación formativa.


A avaliación formativa a través da e-rúbrica e os e-portafolios
[Presentación]

Aborda as posibilidades que representan o uso de e-portafolios e a e-rúbrica para mellorar a calidade da avaliación das aprendizaxes e os procesos de ensino. Mostraranse as boas prácticas e o alcance destas técnicas e metodoloxías segundo o tamaño dos grupos e a súa modalidade (ensino semipresencial versus totalmente ao a distancia).

Conferenciante: Manuel Cebrián de la Serna
Datas de impartición: 18 de febreiro de 2011

Manuel Cebrián de la Serna é profesor e investigador da Universidade de Málaga.
As súas liñas de investigación son: a innovación educativa, didáctica universitaria e novas tecnoloxías aplicadas á educación. Durante máis de 10 ano tivo responsabilidade na dirección do I.C.E., Dirección de Innovación Educativa e Dirección de Ensino Virtual. Actualmente está a aplicar tecnoloxías de federación e mecanismos de identidade a campos educativos específicos (Proxectos de cooperación institucional, os e-portafolios e as e-rúbricas, comunidades de aprendizaxe formal e informal). Tamén dirixe diversos proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional desta temática. Dispón de diversas publicacións ao respecto.

 

Ser profesor [Presentación]

Trata das diferentes formas de entender e afrontar a docencia da universidade. Profesores e profesoras que non só se preocupan de saber máis da súa materia, senón de como impartila mellor e como facer que os seus alumnos aprendan máis. E que ademais son críticos coa escasa valoración institucional da súa función docente.

Conferenciante: Begoña Gros i Salvat
Datas de impartición: 10 de xuño 2011

Begoña Gros é vicerreitora de Investigación e Innovación da Universitat Oberta de Catalunya. A súa especialización oriéntase ao estudo da integración das tecnoloxías da información e a comunicación na formación e a aprendizaxe.
Ten a acreditación de Investigación Avanzada polo AQU (2004). Nos últimos anos foi responsable de Investigación na División de Ciencias da Educación (2001-2003) e xefa de Investigación do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Barcelona (2004-2007).Participou en varios proxectos de investigación e innovación a nivel estatal (Programa I+D do Ministerio de Educación e Ciencia, MQD da Generalitat de Cataluña, etc.) e internacional (Vº Programa Marco, Programa L-learning, Minerva). Participa en varios comités científicos de revistas de ámbito nacional e internacional (Internacional Journal of Web based Communities, Educational Research and Development, etc.). Publicou varios traballos sobre o deseño de ámbitos de aprendizaxe virtuais e sobre materiais para a docencia universitaria. Actualmente é a investigadora principal do grupo de investigación consolidado da Generalitat de Cataluña Ámbitos e materiais para a aprendizaxe (EMA).

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal