Programa de Formación do Novo Profesorado

 

Este programa desenvolveuse do ano académico 2007-08 ao ano 2013-14.

As súas finalidades foron dar a coñecer o contexto institucional docente, investigador e de xestión da Universidade de Vigo, desenvolver actitudes e comportamentos positivos cara a docencia universitaria e aprender a planificar no ensino no ámbito universitario.

O programa estaba destinado ao novo profesorado da Universidade de Vigo, con reducida ou ningunha experiencia de ensino e/ou coñecemento sobre a universidade. O programa tiña como eixo principal o  Curso de iniciación á formación para a docencia universitaria que tiña unha duración de aproximadamente 60 horas e completábase con diferentes actividades formativas.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal