Xornadas de Innovación Educativa

 

As Xornadas de Innovación Educativa foron organizadas pola Universidade de Vigo do ano 2006 ao 2013 para favorecer o intercambio de experiencias innovadoras entre o profesorado universitario.


Os obxectivos das xornadas son:

  • Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre docentes e/ou estudantes dos distintos ámbitos universitarios.
  • Impulsar a innovación e investigación educativa na Universidade.
  • Facilitar o intercambio de experiencias e proxectos.
  • Reflexionar sobre os cambios pedagóxicos que as innovacións e as investigacións educativas están a xerar na actividade docente.
     

Os temas de interese inclúen, pero non están restrinxidos a:

  • Novas metodoloxías didácticas
  • Desenvolvemento de novos contidos e programas
  • Adaptación ao EEES
  • Problemas e solucións do EEES
  • Aprendizaxe por competencias
  • Avaliación de competencias transversais
  • Problemas e dificultades no desenvolvemento de guías docentes
  • Uso de redes sociais e ferramentas da web 2.0
  • Aprendizaxe centrada no estudante
  • Xestión do tempo do alumnado
  • Experiencias na aula
  • Ámbitos virtuais de aprendizaxe
  • Titorización
  • Desenvolvemento de contidos multimedia para a formación

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal