Recoñecemento de actividades coma formación permanente do profesorado

 

A sociedade actual está en proceso de transformación constante con modificacións tan relevantes que supoñen un reto en canto aos aspectos económicos, socioculturais, políticos...

A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado tenta cubrir as necesidades formativas básicas do profesorado pero é consciente de que non pode abarcar todas as competencias que abranguen á docencia universitaria. Por este motivo recoñecerá coma formación permanente do profesorado as actividades formativas que se desenvolvan nos centros e departamentos e que teñan relación coas competencias docentes e de xestión.

 

REQUISITOS

  • O recoñecemento tense que solicitar antes de que se realice a actividade.
  • Estas actividades serán financiadas polos centros e departamentos da Universidade de Vigo.
  • O número máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 20 horas.
  • As persoas destinatarias destas actividades teñen que figurar coma PDI  no POD da anualidade vixente.
  • Quedan excluídos desta modalidade os congresos e xornadas de difusión de coñecemento agás aquelas especificamente á formación do PDI no ámbito docente.

 

PROCEDEMENTO

  • Enviarase a proposta de formación á Área de Formación e Innovación Educativa (innovacion.educativa@uvigo.es).
  • Comunicación de aceptación/rexeitamento da proposta.
  • Ao finalizar a actividade formativa a persoa responsable enviará a memoria final desta, nun espazo inferior de 30 días naturais, xunto coas enquisas de avaliación e os rexistros diarios de asistencia.

 

DOCUMENTOS

Proposta de formación

Memoria final da actividade formativa

 

ACTIVIDADES RECOÑECIDAS:
 

ANO 2017

  • Didáctica da Estatística
    Coordinador: José Vicente Novegil Souto
    Departamento: Estatística e Investigación Operativa
  • Deseño e avaliación de materias por competencias na Universidade
    Coordinador: José Luis González Cespón

 

ANO 2016

  • Design thinking coma metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos
    Coordinador: Manuel J. Fernández Iglesias
    Centro: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
  • Manexo de software das pizarras interactivas para uso educativo
    Coordinadora: María Carmen Ricoy Lorenzo
    Centro: Facultade de Ciencias de Educación

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal