INNOVACIÓN EDUCATIVA


A innovación educativa é un medio en si mesma para mellorar os fins da educación.
A Universidade de Vigo ao apoiar iniciativas de innovación educativa busca mellorar a actividade docente, mediante a mellora continua, garantindo os máximos niveis de calidade.

Os obxectivos principais son acadar novas concepcións na práctica docente para mellorar a capacitación do alumnado, desenvolver accións para solucionar debilidades detectadas no proceso de ensino-aprendizaxe e facer transferencia das fortalezas.

 

GRUPOS DE INNOVACIÓN DOCENTE

Os Grupos de Innovación Docente (GID) son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.

Este tipo de grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.

A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado promove esta iniciativa coa finalidade de xerar un impacto real que axude a transformar e a renovar o ensino na Universidade de Vigo.
Para solicitar a constitución dun grupo haberá que presentar por rexistro a solicitude de xeración de Grupo de Innovación Docente con destino á Área de Formación e Innovación Educativa (1º andar anexo ao edificio de Xerencia e Servizos Centrais, Campus de Vigo).
A solicitude será avaliada pola COAP.

 

DOCUMENTACIÓN

 

LISTAXE DE CONVOCATORIAS

 

LISTAXE DE GID

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal