Proxecto de Implantación dun Modelo Titorial Baseado na Mentoría/MEET-Uvigo

A incorporación do alumnado á universidade supón un importante proceso de adaptación. A falta de orientación previa ao acceso á universidade, a crecente heteroxeneidade e diversidade no perfil do novo alumnado, os cambios nos procesos de ensino-aprendizaxe, metodoloxías e estratexias didácticas fan que sexa un cambio que traspase o ámbito académico.

Neste marco a mentoría entre pares postúlase coma unha estratexia innovadora pra mellorar a integración do novo alumnado na universidade a través da mellora das capacidades de relación, reflexión e organización persoal. Ao mesmo tempo, o alumnado que fai de mentor, e que pertence a cursos superiores, ten a posibilidade de adquirir habilidades e competencias transversais relacionadas coa organización, liderado e traballo en equipo que melloran a súa empregabilidade.

O desenvolvemento de competencias a nivel académico, persoal e profesional do alumnado pode axudar a que melloren os resultados académicos, baixen as taxas de abandono e mellore a empregabilidade de egresados/as.

Polos motivos esgrimidos a Vicerreitoría de Organización e Profesorado apoia un proxecto piloto de implantación dun modelo de orientación titorial baseado na mentoría entre pares na Universidade de Vigo.

A finalidade da iniciativa é avaliar a implantación deste modelo de orientación titorial baseado na mentoría entre pares en diferentes graos da Universidade de Vigo.

 

FORMACIÓN

  • Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional [Xaneiro e febreiro de 2016]
    Profesorado: Ana Belén Sanjuán Núñez e María Belén Varela Romero [Programa]
  • Formador/a de mentores/as [De febreiro a abril de 2016]
    Profesorado: Ana Belén Sanjuán Núñez, María Belén Varela Romero, Ana Gómez García, Sandra Prieto López, Sandra Mesías Otero e Sofía Ramos Andrade [Programa]
  • Curso avanzado en competencias transversais [Novembro de 2016]
    Profesorado: Ana Belén Sanjuán Núñez e María Belén Varela Romero [Programa]

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal