Proxectos de Innovación Educativa

A docencia é unha misión fundamental da universidade e como tal precisa do máximo apoio institucional. Para isto é preciso o recoñecemento dos esforzos de renovación e mellora por parte do profesorado neste ámbito e o fornecemento da súa formación continua e innovación docente.

O obxectivo deste programa é apoiar accións encamiñadas a poñer o coñecemento ao servizo da actividade docente na  propia universidade. Preténdese fomentar a aplicación práctica das innovacións desenvolvidas e a súa transferencia alén da universidade.

Estes proxectos desenvólvense en catro convocatorias desde o ano 2011 ata o ano 2016.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal