MEET-Uvigo

En construción!!!!!

O MEET-Uvigo é un modelo de titoría que se basea na mentoría. Consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver esta labor os/as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais.
Neste momento están participando catro titulacións. Tecnoloxías de Telecomunicación, Linguas Estranxeiras, Química e Recursos Mineiros e Enerxéticos; e Grao da Enerxía.

O MEET-Uvigo ten o seu xérmolo no MEET-Teleco desenvolvido na Escola de Enxeñaría de Telecolunicación. Consistía en que o alumnado dos últimos anos do grao exercera de mentor do alumnado do primeiro curso. Os mentores/as eran formados previamente por un equipo de profesionais coaches en diferentes competencias para desenvolver o seu labor.
A pesar de que a iniciativa estábase revelando moi positiva para todo o alumnado que participaba, os custos de mantemento eran moi elevados e desgrazadamente, estaba abocada a desaparecer en anos posteriores se non se reformulaba. Ante esta situación buscouse a seguinte solución: formar un grupo de profesorado da Universidade de Vigo para que fora o encargado de formar aos mentores/as.

Esta inicicativa foi apoiada economicamente pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e polo Consello Social da Universidade de Vigo. As aportacións foron de 16.000 € e de 12.000 € no ano 2016, respectivamente.
Deste xeito, no ano 2016, un colectivo formado de 25 profesores e profesoras uníronse voluntariamente á iniciativa. Recibiron unha formación de 80 horas e comezaron a encargarse da formación do alumnado mentor a partir do mes de maio de 2017. A idea é que cada ano se vaian incorporando dúas titulacións novas e así ir transferindo esta boa práctica ao resto da Universidade de Vigo.

A nivel xeral a participación de diferentes membros da Universidade de Vigo, estudantado e profesorado, é sumamente positiva porque xera un sentimento comunitario e de identificación cos valores da institución, promove a convivencia e participación activa nos procesos da universidade. Estes lazos afectivos prolónganse no tempo, considéranse un elemento de arraigo; e de identificación persoal e colectiva.

 


CALENDARIO DE FORMACIÓN DO ALUMNADO MENTOR

<<Descargar>>



CONTACTO COAS PERSOAS COORDINADORAS

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
    Artemio Mojón Ojea
    Enderezo electrónico: teleco.pat@uvigo.es
     
  • Facultade de Filoloxía e Tradución
    Elena Seoane Posse e Nuria Yáñez Bouza
    Enderezo electrónico: peermentoring.fft@uvigo.es
     
  • Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
    Itziar Goicoechea Castaño
    Enderezo electrónico: igoicoechea@uvigo.es
     
  • Facultade de Química
    Mercedes García Bugarín
    Enderezo electrónico: mgarcia@uvigo.es

     
  • Área de Formación e Innovación Educativa
    María de los Ángeles Villar Lemos
    Enderezo electrónico: innovación.educativa@uvigo.es
    Tfno: 986 812 035
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal