Estudantado e mentorización

En construción.

O/a estudante que quere ser mentor/a ten que estar nos últimos anos dos graos que participan no proxecto e recibir unha formación de máis de 80 horas repartidas entre os meses de xuño e setembro. Esta formación está orientada ás competencias transversais de traballo en equipo, comunicación, intelixencia emocional e social, liderado, organización e xestión do tempo…
Ao longo do curso terá que preparar xunto ao seu coordinador/a de PAT oito reunións sobre diferentes temáticas para traballar cos estudantes mentorizados, e asistir ás reunións de seguimento.
Coa adquisición e posta en práctica destas competencias o alumnado mentor mellorará a súa inserción no mercado laboral. O alumnado mentorizado pasa a ter un papel activo e responsable na súa propia aprendizaxe e na súa vida.


Os / as estudantes de primeiro curso están inmersos nun proceso de transición crave, o paso do ensino secundario á superior. O cambio supón a aparición de diferentes dificultades que poden ter consecuencias imprevisibles que poden provocar o abandono dos estudos. Entre as necesidades que se atopa o alumnado de primeiro curso están o descoñecemento das esixencias que formula a universidade, o desenvolvemento non adecuado das aptitudes específicas respecto ao tipo de titulación cursada, aspectos de índole actitudinal, adiamento continuo de responsabilidades ou a desaparición do control tutelar do profesorado da educación secundaria.
O estudante mentorizado comprométese a asistir ás reunións e a participar activamente no proceso de mentorado.


Opinións dos/as participantes:

-“Creo que esta iniciativa fai mellor ao alumnado e como consecuencia directa á Universidade”.
-“Teño cousas que podo ensinar e cousas que poden axudar”.
-“Debería recibir este curso con 18 anos.”
-“Grazas ao curso por esta oportunidade”.
-“Moitas persoas teñen os problemas que eu tiña ao empezar”.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal